Mareessentia adícase á produción e comercialización de plantas aromáticas, medicinais e condimentarias, en modo de produción ecolóxica, en varias áreas xeográficas (Castela a Mancha e Galicia) cunha extensión que se aproxima ás 4 hectáreas.
Temos por principio un grande respecto polo medio ambiente e o uso de prácticas agrícolas sustentables. Aplicamos procesos de máxima calidade e eficiencia no procesamento de plantas aromáticas, medicinais e condimentarias co obxectivo último de aportar un produto de gran calidade que nos axude a coidar da nosa saúde e o noso medio ambiente.
QUIÉNES SOMOS
As nosas explotacións agrarias
Dispoñemos de dúas grandes áreas de produción situadas en Galicia e en Castela A Mancha, ambas certificadas en modo de produción ecolóxica. Nestas explotacións podemos contemplar unha gran diversidade de plantas para prover ao mercado dun produto de máxima calidade.
Mareessentia aposta por recoller o mellor de dúas áreas xeográficas ben distintas. Por unha parte Galicia, a terra do fin do mundo, situada no Noroeste da Península Ibérica é un lugar con gran diversidade biolóxica que une o mellor do mar e a montaña bañadas polo Océano Atlántico e o Mar Cantábrico.
Por outra parte Castela a Mancha, a terra de Don Quixote, situada no centro da Península Ibérica, sempre chea de sol e luz, que permiten das as nosas plantas a vitalidade e forza das terras soleadas e arcillosas.
Recollemos os produtos da terra cuns rigorosos controis de calidade no tratamento e procesado das plantas ata o mesmo momento de chegar ao consumir. Este é o noso compromiso e desexo utilizar as novas tecnoloxías e protocolos de calidade para que os nosos clientes sintan nos seus alimentos, infusións, tratamentos relaxantes a esencia das plantas medicinais e aromáticas e a ilusións dunha familia por desenvolver un novo modelo produtivo ecolóxico, sen utilizar produtos químicos e de gran calidade.